IES San Clemente. Plataforma para a formación a distancia de Bacharelato.

Asignatura: Artes escénicas I

FAQ  Quincena 01. Día 12.

Academia das artes escénicas de España

“Entidad de carácter artístico y cultural destinada a potenciar, defender y dignificar las artes escénicas de nuestro país, a impulsar su promoción nacional e internacional, así como fomentar su progreso, desarrollo y perfeccionamiento.”
Son fins da academia de artes escénicas:
1. Recoñecer e dar a coñecer a profesionalidade e excelencia artística dos seus membros e, a través deles, estimular a comprensión na sociedade do valor fundamental das Artes Escénicas.
2. Fomentar o progreso das artes e as técnicas relacionadas directa ou indirectamente coas Artes Escénicas.
3. Promover a asistencia e o intercambio de información artística, científica e técnica entre todos os seus membros.
4. Realizar estudos e traballos científicos, artísticos e técnicos sobre cuestións relacionadas coas Artes Escénicas, editalos e difundilos, promovendo e apoiando a investigación sobre as devanditas materias, así como convocando e concedendo as axudas que se consideren axeitadas.
5. Facilitar á Administración Pública os informes que sobre materias relacionadas coas Artes Escénicas lle sexan solicitados, así como propor á mesma as iniciativas que a Asociación “Academia das Artes Escénicas de España” estime oportunas.
6. Establecer intercambios artísticos e culturais con entidades análogas estranxeiras.
7. Conceder premios anuais aos mellores traballos do sector das Artes Escénicas.
8. Calquera outra actividade tendente a elevar o nivel artístico, técnico ou científico dos seus membros, de xeito que as Artes Escénicas alcancen a relevancia social que lles corresponde; e cantas outras actividades que teñan coma obxectivo fomentar a promoción e difusión das obras dramáticas, dramático-musicais e coreográficas .
Actividades
Para a consecución destes fins, a Asociación “ Academia das Artes Escénicas de España” realizará as seguintes actividades:
1. A convocatoria e organización duns premios anuais, destinados a recoñecer o traballo dos creadores, autores, artistas e profesionais máis destacados no desenvolvemento das distintas áreas que comprenden as Artes Escénicas.
2. A organización de conferencias e seminarios de contido socio-cultural sobre as Artes Escénicas.
3. A creación de servizos dedicados ao estudo e investigación da interacción entre as distintas Artes Escénicas e a tecnoloxía.
4. A convocatoria de concursos e certames dirixidos a favorecer a investigación, difusión e recoñecemento do traballo desenvolvido nas Artes Escénicas.