IES San Clemente. Plataforma para a formación a distancia de Bacharelato.

Asignatura: Artes escénicas I

FAQ  Quincena 01. Día 12.

A academia galega de teatro

En Galicia existe a academia galega de teatro cuxos obxectivos son:
1. Fomentar o desenvolvemento das artes e as ciencias relacionadas directa ou
indirectamente co teatro, a arte dramática e a produción teatral en todos os
seus subsectores, xéneros e formatos.
2. Recoñecer e dar a coñecer a profesionalidade e excelencia artística dos seus membros e a través deles estimular a comprensión na sociedade do valor fundamental do Teatro.
3. Fomentar o progreso das artes, as técnicas e o coñecemento relacionados directa ou indirectamente co Teatro.
4. Promover a asistencia e o intercambio de experiencias e de información artística, científica e técnica entre todos os seus membros, a coordinación dos diferentes aspectos das súas actuacións e a análise dos problemas profesionais comúns.
5. Realizar estudos e traballos científicos, artísticos e técnicos sobre cuestión relacionadas co Teatro, editalos e difundilos e promover e apoiar a investigación sobre ditas materias, convocando e concedendo as axudas que se consideren convenientes.
6. Facilitar á Administración Pública os informes que sobre materias relacionadas co Teatro lle sexan solicitados, así como propoñer á mesma as iniciativas que a Asociación "Academia Galega de Teatro" estime oportunas.
7. Establecer intercambios artísticos e culturais con entidades similares do resto do Estado español ou mesmo estranxeiras.
8. A posible concesión de premios a traballos artísticos, profesionais, de difusión ou de investigación científica ou outros relacionados co sector do Teatro en Galicia.
ACTIVIDADES DA ACADEMIA GALEGA DE TEATRO
a) A organización de conferencias, seminarios ou congresos artístico, científico, político ou sociocultural sobre o Teatro ou a Arte Dramática
b) A convocatoria e organización de premios destinados a recoñecer o traballo dos creadores, autores, artistas e profesionais máis destacados no desenvolvemento das distintas áreas que comprende o Teatro.
c) Creación dos servizos dedicados ao estudo e investigación da interacción entre o Teatro e a tecnoloxía.
d) Convocatoria de concursos e certames dirixidos a favorecer a investigación, difusión e recoñecemento do traballo desenvolvido no Teatro.
e) Calquera outra actividade tendente a elevar o nivel artístico, técnico ou científico dos seus membros, de xeito que o teatro alcance a relevancia social que lle corresponde, e cantas otras teñan como obxectivo fomentar a promoción e difusión das obras teatrais.