IES San Clemente

Guías electrónicas de bacharelato (LOMLOE)

Estas guías electrónicas desenvolven os currículos das materias de bacharelato en unidades quincenais. Para acceder aos contidos, selecciona a materia, a avaliación e a quincena desexada. Guías electrónicas de bacharelato LOMCE


  • Aspectos básicos das artes escénicas

    Día 01

    Son varios os obxectivos desta unidade:
    1- Aprenderedes que é e cales son as características específicas das artes escénicas.
    2- Reflexionaremos sobre os numerosos beneficios da práctica das artes
    escénicas.
    3- Entenderás porque a UNESCO declara a varias artes escénicas patrimonio inmaterial da humanidade.
    4- Comprenderás que implica o concepto de comunicación escénica e que o diferencia da comunicación que empregamos na vida cotiá.
    5- E, por último, analizarase o concepto de espectáculo escénico.

    Versión imprimible

  • Aspectos básicos das artes escénicas

    Día 02 Documento

    Comezamos xuntos esta apaixonante viaxe sobre as artes escénicas. E loxicamente, teremos que comezar a saber qué significa este termo. En realidade, toda esta unidade xira entorno a desentrañar que é exactamente ao que nos estamos a referir cando falamos das artes escénicas.
    Abrimos o pano?

    de3690101.pdf   Versión imprimible

  • Aspectos básicos das artes escénicas (1ª entrega)

    Día 04 Exercicio autoavaliable

    Neste documento atoparás unha serie de exercicios que te axudarán a comprendes o teu grado de coñecemento da unidade. Poderás atopar as solucións ao final do mesmo.

    ea3690101_01.pdf   Versión imprimible

  • Aspectos básicos das artes escénicas

    Día 07 Cuestionario

    Neste cuestionario poderás comprobar o grao de adquisición dos coñecementos da unidade.
    Cada pregunta ten só unha resposta.

    Realizar cuestionario   Versión imprimible

  • Aspectos básicos das artes escénicas (2ª entrega)

    Día 08 Exercicio autoavaliable

    Neste documento atoparás unha serie de exercicios que te axudarán a comprendes o teu grado de coñecemento da unidade. Poderás atopar as solucións ao final do mesmo.

    ea3690101_02.pdf   Versión imprimible

  • Aspectos básicos das artes escénicas

    Día 10 Exercicio a enviar ao titor

    Desenvolve os exercicios propostos.

    et3690101.docx   Versión imprimible

  • A academia galega de teatro

    Día 12 FAQ

    En Galicia existe a academia galega de teatro cuxos obxectivos son:
    1. Fomentar o desenvolvemento das artes e as ciencias relacionadas directa ou
    indirectamente co teatro, a arte dramática e a produción teatral en todos os
    seus subsectores, xéneros e formatos.
    2. Recoñecer e dar a coñecer a profesionalidade e excelencia artística dos seus membros e a través deles estimular a comprensión na sociedade do valor fundamental do Teatro.
    3. Fomentar o progreso das artes, as técnicas e o coñecemento relacionados directa ou indirectamente co Teatro.
    4. Promover a asistencia e o intercambio de experiencias e de información artística, científica e técnica entre todos os seus membros, a coordinación dos diferentes aspectos das súas actuacións e a análise dos problemas profesionais comúns.
    5. Realizar estudos e traballos científicos, artísticos e técnicos sobre cuestión relacionadas co Teatro, editalos e difundilos e promover e apoiar a investigación sobre ditas materias, convocando e concedendo as axudas que se consideren convenientes.
    6. Facilitar á Administración Pública os informes que sobre materias relacionadas co Teatro lle sexan solicitados, así como propoñer á mesma as iniciativas que a Asociación "Academia Galega de Teatro" estime oportunas.
    7. Establecer intercambios artísticos e culturais con entidades similares do resto do Estado español ou mesmo estranxeiras.
    8. A posible concesión de premios a traballos artísticos, profesionais, de difusión ou de investigación científica ou outros relacionados co sector do Teatro en Galicia.
    ACTIVIDADES DA ACADEMIA GALEGA DE TEATRO
    a) A organización de conferencias, seminarios ou congresos artístico, científico, político ou sociocultural sobre o Teatro ou a Arte Dramática
    b) A convocatoria e organización de premios destinados a recoñecer o traballo dos creadores, autores, artistas e profesionais máis destacados no desenvolvemento das distintas áreas que comprende o Teatro.
    c) Creación dos servizos dedicados ao estudo e investigación da interacción entre o Teatro e a tecnoloxía.
    d) Convocatoria de concursos e certames dirixidos a favorecer a investigación, difusión e recoñecemento do traballo desenvolvido no Teatro.
    e) Calquera outra actividade tendente a elevar o nivel artístico, técnico ou científico dos seus membros, de xeito que o teatro alcance a relevancia social que lle corresponde, e cantas otras teñan como obxectivo fomentar a promoción e difusión das obras teatrais.

    Versión imprimible

  • A AGADIC

    Día 12 FAQ

    A axencia galega de industrias culturais (Agadic) iniciou a súa traxectoria en 2008 como axencia pública autonómica adscrita á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. De acordo cos fins que lle atribúe a súa lei de creación (4/2008, do 23 de maio), ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego.
    As súas competencias esténdense á totalidade das actividades culturais e artísticas desenvolvidas por creadores individuais e empresas, na procura dunhas industrias culturais dinámicas, competitivas e innovadoras. Neste sentido, leva a cabo diferentes liñas de traballo encamiñadas a dotar de maior estabilidade o sector, optimizar a xestión empresarial nos procesos de produción e distribución, dinamizar o mercado interior e promover a proxección exterior da cultura galega.
    Destacan entre estes eixos de actuación, as convocatorias anuais de subvencións ás industrias culturais e ao audiovisual, a xestión de circuítos estables de exhibición escénica e cinematográfica (Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas, Rede Galega de Música ao Vivo, Cultura no Camiño e Cinemas de Galicia) e as iniciativas de difusión da cultura galega fóra das nosas fronteiras, sen esquecer o labor de produción, programación e formación continua que leva a cabo a través dos seus departamentos de Produción Teatral e Produción Coreográfica (Centro Dramático Galego e Centro Coreográfico Galego) e do Centro Galego de Artes da Imaxe.
    Fins:
    1-Garantir o progreso da cultura galega, e nomeadamente a normalización e o impulso do idioma galego como medio para protexer e fomentar a identidade cultural de Galicia, o desenvolvemento social, o crecemento económico e o diálogo intercultural.
    2-Impulsar a participación, consolidación e cooperación das empresas e profesionais na produción, creación, conservación, difusión e comercialización do patrimonio cultural galego, nun mercado dinámico, sustentable e plural que fomente a participación cidadá e remova os obstáculos que poden dificultar o acceso á cultura, especialmente dos colectivos menos favorecidos.
    3-Fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega co fin de promover a orientación ao mercado das empresas, mellorar a viabilidade dos seus proxectos, achegar recursos propios e aumentar o peso relativo do sector no sistema produtivo galego.
    4-Potenciar os programas de investigación e desenvolvemento cultural, mellorando a calidade e diferenciación dos produtos, a axilidade no servizo prestado e a creación de valor engadido na economía dixital.
    5-Estreitar a coordinación entre as administracións públicas con competencias na materia e os axentes privados para aproveitar as sinerxías, incrementar a posibilidade de financiamento e acadar unha maior calidade e eficiencia na acción cultural.
    6-Favorecer a creación e produción artística e cultural das mulleres e a súa difusión, adoptando medidas de acción positiva destinadas a combater a discriminación de xénero.

    Versión imprimible

  • A ESAD de Galicia

    Día 12 FAQ

    A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia é unha escola pública dependente da Consellería de Educación que ofrece ensinanzas oficiais para obter o Grado en Arte Dramática, equivalente a Grao universitario, en Dirección escénica e Dramaturxia, Escenografía e Interpretación.
    Estes estudos teñen unha duración de catro anos cuns 60 créditos por curso escolar.
    Podes ver visitar a súa páxina web en esadgalicia.com.

    Versión imprimible

  • Academia das artes escénicas de España

    Día 12 FAQ

    “Entidad de carácter artístico y cultural destinada a potenciar, defender y dignificar las artes escénicas de nuestro país, a impulsar su promoción nacional e internacional, así como fomentar su progreso, desarrollo y perfeccionamiento.”
    Son fins da academia de artes escénicas:
    1. Recoñecer e dar a coñecer a profesionalidade e excelencia artística dos seus membros e, a través deles, estimular a comprensión na sociedade do valor fundamental das Artes Escénicas.
    2. Fomentar o progreso das artes e as técnicas relacionadas directa ou indirectamente coas Artes Escénicas.
    3. Promover a asistencia e o intercambio de información artística, científica e técnica entre todos os seus membros.
    4. Realizar estudos e traballos científicos, artísticos e técnicos sobre cuestións relacionadas coas Artes Escénicas, editalos e difundilos, promovendo e apoiando a investigación sobre as devanditas materias, así como convocando e concedendo as axudas que se consideren axeitadas.
    5. Facilitar á Administración Pública os informes que sobre materias relacionadas coas Artes Escénicas lle sexan solicitados, así como propor á mesma as iniciativas que a Asociación “Academia das Artes Escénicas de España” estime oportunas.
    6. Establecer intercambios artísticos e culturais con entidades análogas estranxeiras.
    7. Conceder premios anuais aos mellores traballos do sector das Artes Escénicas.
    8. Calquera outra actividade tendente a elevar o nivel artístico, técnico ou científico dos seus membros, de xeito que as Artes Escénicas alcancen a relevancia social que lles corresponde; e cantas outras actividades que teñan coma obxectivo fomentar a promoción e difusión das obras dramáticas, dramático-musicais e coreográficas .
    Actividades
    Para a consecución destes fins, a Asociación “ Academia das Artes Escénicas de España” realizará as seguintes actividades:
    1. A convocatoria e organización duns premios anuais, destinados a recoñecer o traballo dos creadores, autores, artistas e profesionais máis destacados no desenvolvemento das distintas áreas que comprenden as Artes Escénicas.
    2. A organización de conferencias e seminarios de contido socio-cultural sobre as Artes Escénicas.
    3. A creación de servizos dedicados ao estudo e investigación da interacción entre as distintas Artes Escénicas e a tecnoloxía.
    4. A convocatoria de concursos e certames dirixidos a favorecer a investigación, difusión e recoñecemento do traballo desenvolvido nas Artes Escénicas.

    Versión imprimible

  • Cal é a orixe do teatro?

    Día 12 FAQ

    O teatro occidental xorde en Atenas, entre os séculos VI e V aC, nun foso de forma cóncava (que protexía do vento frío e da calor do sol), onde se celebraban os ritos en honra a Dionisos, os cales evolucionaron no teatro.

    Versión imprimible

  • Musical americano

    Día 12 FAQ

    O icónico musical de «A Pantasma de Opéra», de Andrew Lloyd Webber, é o espectáculo de Broadway de máis longa duración de todos os tempos. Xa que, superou as 10 000 presentacións. obra máis lonxeva da historia

    Versión imprimible

  • Robótica e creación

    Día 12 FAQ

    Investigadores checos puxeron a traballar á Intelixencia Artificial para que cre a primeira obra de teatro escrita por un computador: será estreada en xaneiro de 2021 para conmemorar a aparición da obra teatral de ficción RUR, a través da cal o gran público coñeceu a palabra robot.
    Fai case cen anos, en 1921, o escritor checo Karel Čapek creou a obra de ciencia ficción Robots Universais Rossum (RUR), a primeira obra de arte humana que trataba o termo robot.
    RUR trata sobre unha empresa que constrúe humanos artificiais orgánicos co fin de alixeirar a carga de traballo das persoas. A eses humanos artificiais Čapek chamounos robots, e desde entón o termo hase universalizado para referirse a unha entidade virtual ou mecánica artificial.
    Para rememorar esa fazaña, investigadores da Universidade Charles, o Teatro Švanda e a Academia de Artes Escénicas de Praga, traballan nun proxecto que fusiona a Intelixencia Artificial e a robótica coa finalidade de que un robot escriba por vez primeira unha obra de teatro que se estreará en xaneiro de 2021.
    Antes de comezar a traballar no seu proxecto, chamado THEAITRE, os investigadores revisaron literatura previa que exploraba o potencial das técnicas de intelixencia artificial para a creación de poesía, música, pinturas ou outras formas de arte.
    Aínda que na actualidade hai abundante literatura científica sobre arte producida por máquinas, a xeración automática dunha representación teatral completa non se tentou con anterioridade.
    Rudolf Rosa, un dos investigadores implicado nesta investigación, explica á revista TechExpolore que dividiron a produción da obra en varias partes menores para facilitar a construción automática dun argumento.
    Xeración xerárquica
    Trátase dun enfoque chamado xeración xerárquica que se usou con anterioridade no campo da IA para xerar diálogos e guións, pero ata o de agora ninguén conseguiu construír unha obra completa seguindo este enfoque.
    Os investigadores checos apoiáronse nun modelo de linguaxe xenerativa, chamado GPT-2, desenvolto polo consorcio OpenIA, capaz de redactar noticias imaxinarias perfectamente cribles a partir dunha noticia verdadeira.
    Cando se lle adestra adecuadamente, GPT-2 pode completar textos inacabados utilizando unha linguaxe similar ao orixinal e cubrindo temas relacionados. Por exemplo, se se alimenta co primeiro parágrafo dun artigo de noticias, o modelo xera algúns parágrafos adicionais sobre o mesmo tema, utilizando o texto existente como fonte de inspiración e, á vez, xerando oracións sobre novos conceptos.
    Os investigadores checos propóñense adestrar a GPT-2 para que, no canto de noticias inventadas, escriba guións de teatro a partir de obras teatrais previas. O proxecto implica a participación humana nalgún momento do proceso, para retocar a arte xerada por un computador intelixente, e deixar constancia desa pegada humana na obra final.
    Polo momento, Rosa e os seus colegas iniciaron o seu proxecto tentando identificar os enfoques máis efectivos para producir automaticamente guións de teatro. Aínda que decidiron que enfoque queren usar, só comezaron a aplicalo á creación da súa obra de teatro.
    Inicios prometedores
    «O noso proxecto aínda está nos seus inicios, pero sorprendeunos bastante o ben que funciona o enfoque básico de utilizar o modelo GPT-2 preentrenado», explica Rosa á citada revista.
    «Só proporcionámoslle algunhas liñas dun guión e recolleu o seu xénero, estrutura, tema e nomes de personaxes, utilizando esta información para xerar liñas máis ou menos plausibles. Isto logrouse sen ningunha adaptación ou axuste: simplemente utilizamos o modelo, o que demostra que os modelos GPT-2 realmente son bastante potentes», engade.
    Aínda que o proxecto teatral non está terminado e tampouco se sabe se finalmente sairá ben, os investigadores planean ter unha primeira versión en setembro para a continuación comezar os preparativos da súa estrea a principios do ano próximo.
    Entre setembro e xaneiro a selección de actores e toda a produción deberán poñerse en marcha para cumprir o obxectivo de estrear a primeira obra de teatro escrita integramente por un robot xusto 100 anos despois de que a palabra robot fose acuñada por primeira vez nunha obra de arte.
    Extraído de https://tendencias21.levante-emv.com/182889.html

    Versión imprimible

  • Resumo

    Día 15 Resumo

    Neste documento terás unha guía cos contidos máis importantes da unidade.
    Son un esquema que te axudarán a estruturar a túa aprendizaxe.

    re3690101.pdf   Versión imprimible